Real Sociedade de Ciencias e Humanidades de Holanda

A Real Sociedade de Ciencias e Humanidades de Holanda (en neerlandés: Koninklijke Hollandsche Maatschappij der Wetenschappen –KHMW–) é unha sociedade científica dos Países Baixos fundada en 1752 na cidade de Haarlem, que ten como obxectivo a promoción da ciencia e o fomento das relacións entre esta e a sociedade. O rei Gillerme Alexandre é o seu presidente honorífico (protector). Desde 1841, a súa sede é un edificio coñecido como Hodshon Huis, que ten a consideración de Rijksmonument.


Developed by StudentB